lunes, 26 de enero de 2015

Cronica

O final da Marcha sobre Washington polo Traballo e a Liberdade, que tivo lugar en agosto de 1963, Martin Luther King comezaba o seu discurso dicindo: Hoy he tenido un sueño …….

Eu tamén tiven un sono no mes de agosto de 2004 despois de facer o Camiño de Santiago dende Mondoñedo, buscaría unha alternativa para saír dende a casa andando sen ter que ir pola carretera.

Un día estaba en Viveiro e na Porta da Vila vin un cartel que dicía: entrada a vila polo antigo Camiño Real, púxenme a investigar e resulta que había un camiño que entraba en Viveiro dende Mondoñedo

Despois de moito preguntar e patear, en xullo de 2008 fixemos una ruta dende O Valadouro ata Mondoñedo. A partir de ese día fixemos a nosa asociación para poder solicitar axudas para marcalo.

En marzo do 2010 xa tiñamos marcado o Camiño Real ata Mondoñedo, aínda que houbo xente que pensou que era unha utopía cando dixen que recuperariamos todo o camiño ata Viveiro , o tempo e moitas horas de dedicación conseguimos que en xuño do 2014 (10 anos despois) ter sinalizado o Camiño Real dende Viveiro ata Mondoñedo

E así o pasado domingo 18 dispostos a seguir os pasos dos nosos antepasados 16 persoas saímos dende Ferreira as 8 da mañá para ir ata Viveiro.

Era de noite cando saímos pero o chegar a Ribadela xa amencera, subimos a bo ritmo ata O Castelo e dende alí baixamos a Riobó (non deixa de asombrarme a beleza con que esta coidada esa finca).

O saír do concello de O Valadouro comezou a chover e xa non nos deixou a auga ata o fin da nosa camiñada, fixemos unha parada no curro de Candaoso para comer un pincho e outra no Val do Naseiro (aquí a tomar unhas cervexas coas súas tapiñas de callos) As tres menos cuarto chegamos a Viveiro para dar paso a outra actividade que en esta asociación tamén se nos da ben ….. comer..

Vaia si comemos na “Pulperia O Panadeiro”, Pulpo, lacón xamón chourizos, queixo … para rematar a comida Juan trouxo uns doces e chupitos

As 6 chegamos a Ferreira ( esta vez en autobús) e cada un para a súa casa. Vémonos na seguinte en Castroverde

Nota: O meu sono aínda non rematou pois queda un camiño por marcar dende A Basílica De San Martiño para enlazar co Camiño Real ata Mondoñedo e Viveiro: “O Camiño do Mariscal”

Angel Rivas